VIDEO.- Navegando pola ría entre golfiños
Por Alejandro Espiño
Gozar dunha xornada estival navegando pola ría de Pontevedra xa é, de seu, toda unha marabilla, unha experiencia máxica ante a súa beleza natural. Pero ás veces convértese aínda en algo máis especial. Sobre todo se tes a sorte de acabar navegando entre golfiños.
As rías galegas, segundo os expertos, albergan a segunda maior poboación de golfiños de toda Europa. Aquí coñéceselles como arroaces e, nalgunhas ocasións, achéganse á costa ou ás embarcacións que atravesan a ría pontevedresa.
É o que lle ocorreu ao pontevedrés que gravou o vídeo que ilustra esta información e que quixo ceder a PontevedraViva.
Navegaba entre Bueu e Marín cando, por sorpresa, deuse conta de que á súa ao redor acompañáballe un número importante de arroaces que, sen medo á embarcación, achegáronse a el e mesmo con intencións de xogar.
Un deles chegou ata pasar por baixo da embarcación, demostrando non ter medo á compañía dos humanos.
Unha experiencia, sen dúbida, inesquecible para quen a vivira.