A Feira do Mel abre as súas portas fronte o mercado de abastos
A feira máis doce das que se celebran en Pontevedra abriu as súas portas, coincidindo co inicio das Festas da Peregrina. A XXVII edición da Feira do Mel atraeu na súa primeira xornada centos de pontevedreses que se achegaron ata a rúa Serra.
Seis apicultores ofrecen todo tipo de produtos elaborados co mel que eles mesmos cultivan. Xunto cos tradicionais usos gastronómicos tamén mostran a aplicación que pode ter a outros ámbitos como a medicina ou a estética.
Ademais, unha filloeira, un posto de queixos e unha compañía de cervexa artesanal forman parte tamén da oferta desta feira, que estará aberta ata o próximo 20 de agosto.
Pódese visitar en horario matinal -de 10 a 14 horas- e vespertino -de 18 a 22 horas-.
Unha das grandes atraccións son as colmeas de vespa velutina que se expoñen na feira.
A ampla programación da Feira do Mel inclúe, entre outras actividades, degustación de produtos con mel como iogur, cervexa ou queixo, talleres de abanicos en forma de abella ou cosmética natural feita a partir do mel, demostracións de extracción de mel e charlas sobre temas de actualidade relacionados coa apicultura.
Relacionadas:
-
Apenas unhas horas para o empezo da Feira do Mel
Por Redacción |
-
Menos postos e menos días para a feira do mel post Covid-19
Por Redacción |
-
Un gran espectáculo pirotécnico pon o broche de ouro ao primeiro día de festas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Pontevedra renova a tradición da ofrenda floral á Virxe Peregrina
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A 'Meleira' reivindica o seu espazo nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño |