Cazan un motorista de Bueu a 150 km/h nun tramo autorizado a 60
Por Redacción
A 150 quilómetros por hora nun tramo limitado a 60. Así sorprenderon os axentes da Garda Civil a un motorista de 25 anos, veciño de Bueu, nunha estrada da localidade.
Segundo informou o instituto armado, o radar da Garda Civil detectou esta infracción ás 15.48 horas do pasado xoves, á altura do quilómetro 14 da estrada PO-551, no lugar da Graña.
Trátase dun tramo de vía interurbana cuxa velocidade está limitada a 60, con vivendas en ambas as marxes da calzada e un cruzamento próximo.
O condutor, que deberá comparecer no xulgado como investigado por un delito contra a seguridade viaria, alegou no súeudescargo que lavara a moto e estaba secándoa.
Pasar a velocidade permitida legalmente, lembra a Garda Civil, leva unha infracción administrativa e por tanto unha multa.
A partir dunha determinada velocidade, 60 quilómetros de exceso en vía urbana e 80 nas interurbanas, o feito se tipifica como delito no Código Penal e a súa comisión leva aparelladas penas mesmo de prisión.