A 'Meleira' reivindica o seu espazo nas Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño
Como ano, coincidindo coas Festas da Peregrina chega a Pontevedra unha nova edición da Feira do Mel. É un dos eventos da programación do verán pontevedrés con máis sona, de aí que alcance este ano a súa vinte e sete edición. Abrirá as súas portas este sábado 12 de agosto, ás once da mañá, na rúa Serra, fronte o mercado de abastos.
A Feira do Mel celebrarase ata o próximo 20 de agosto en horario matinal -de 10 a 14 horas- e vespertino -de 18 a 22 horas-, segundo sinalaron na presentación os seus organizadores, a Asociación de Apicultores da provincia de Pontevedra.
Nela participarán seis apicultores, unha filloeira e un posto de queixos.
Nos postos, o público poderá comprobar como este ano o mel, a diferenza do cor escuro da edición anterior, "é moi clariño" pero mantendo un sabor "espectacular" e unha textura "como se fora caramelo", explicou o responsable da feira, Claudio Fraga.
O presidente de Zona Monumental, Miguel Lago, celebrou que esta feira contribúa a dinamizar o centro histórico da cidade e, en concreto, un ámbito que ten "moito potencial" como é a rúa Serra e o entorno do mercado municipal.
A ampla programación inclúe, entre outras actividades, degustación de produtos con mel como iogur, cervexa ou queixo, obradoiros de abanicos en forma de abella ou cosmética natural feita a partir do mel, demostracións de extracción de mel e charlas sobre temas de actualidade relacionados coa apicultura.
A concelleira de Festas, Carme da Silva, destacou que este ano está "moi vixente" na cabeza da xente e dos apicultores a vespa velutina, que está causando "enormes danos" no sector da apicultura en Galicia, un problema ante o que as administracións "temos que poñer medidas" para combatelo. Haberá unha charla sobre esta especie invasora no marco da feira.
Así, na primavera, o sector contaba cunha produción "bárbara" pero a partir dos meses de maio e xuño a vespa velutina que "atacou duramente" ás colmeas, bloqueando as entradas e impedindo traballar ás abellas, por lo que a colleita "se truncou", segundo os expertos.
Relacionadas:
-
A feira do mel 'Meleira' celebra a súa 33 edición con menos expositores pero o mesmo produto local e de calidade
Por Mónica Patxot & Almu Dapena |
-
Apenas unhas horas para o empezo da Feira do Mel
Por Redacción |
-
A Feira do Mel abre as súas portas fronte o mercado de abastos
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Pontevedra xa está en festas!
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Sabías que a cera das abellas se empregou como empaste para as moas?
Por Redacción |