Dispositivo especial de tráfico toda a fin de semana polas touradas e os fogos de artificio
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra deseñou e porá en marcha dous dispositivo especiais de tráfico durante a fin de semana para garantir que todo transcurra sen incidencias coa coincidencia do inicio das festas da Peregrina, as celebracións taurinas en San Roque e os fogos de artificio previstos para a noite do sábado ao domingo.
Segundo a información facilita pola Policía Local, será necesario despregar un total de 25 valos con sinalización efémera e haberá un reforzo de persoal no Corpo. Tanto para a celebración taurina como para a multitudinaria festa posterior do sábado, a previsión consiste en reforzar os servizos con respecto ao que é ordinario para que as touradas e as festas de peñas se celebren con tranquilidade. Tamén se conta coa colaboración e os reforzos da Policía Nacional.
As medidas estarán coordinadas pola concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva, en colaboración cos responsables da seguridade e a mobilidade local. Ademáis, estarán complementadas por un reforzo nos servizos de limpeza para os momentos posteriores á festa.
No caso das touradas, están previstas para as 19.00 horas do sábado e do domingo na praza de San Roque, pero o dispositivo especial da Policía Local de Pontevedra empezará xa na mañá do sábado. A partir das 8.00 horas prohíbese o estacionamento nas rúas próximas: Victor Said Armesto, Campo da Torre e Nostradamus Lourido. Non se poderá volver estacionar ata as 22.00 horas do domingo.
Ademais, na tarde do sábado e do domingo quedarán peonalizadas as rúas Alameda, Raíña Vitoria e boa parte do Paseo de Colón e San Roque, así como as situadas no ámbito da praza e outras menores. A avenida de San Roque quedará cortada nas Corbaceiras en sentido subida, así como Víctor Said Armesto e outras menores que dan acceso á praza.
Tamén se cortará o Paseo de Colón á altura da rúa Monteleón, de tal xeito que os vehículos que circulen por esta vía desde a Ponte da Barca, deben dirixirse á avenida de Uruguai. Os vehículos que circulen desde a avenida de Uruguai pola rúa Irmáns Nodales deberán regresar en dirección ás Corbaceiras por San Roque.
Con motivo da tirada dos fogos de artificio no peirao de Corbaceiras á medianoite do sábado para o domingo, porase en marcha un dispositivo especial de seguridad a partir das 23.30 horas. O Concello de Pontevedra dispón dun plan de actuación de emerxencias para este tipo de espectáculos no que participan a Policía Local, os Bombeiros, Protección Civil, persoal sanitario e técnicos en pirotecnia.
A partir das 23.30 horas, a Policía Local de Pontevedra procederá ao corte do tráfico rodado nas inmediacións do peirao. Cortarase o tráfico procedente de Marín para o seu desvío pola rúa Manuel de Palacio. Os coches que cheguen do Paseo Colón serán desviados pola rúa Monteleón cara a Uruguai e os que procedan da avenida de Uruguai desviaranse pola rúa Xofre de Tenorio. A rúa dos Peiraos tamén se cortarán e desviaranse por Ponte Novo e Palamios.
O tráfico de saída cara a Marín recoméndase efectualo por Xosé Malvar e os vehículos que circulen pola avenida de Uruguai cara á avenida de Marin serán desviados (invertindo a súa dirección), na rotonda de Uruguai en dirección a A Barca, Bos Aires e Xóse Malvar.
A Policía Local de Pontevedra tamén establecerá un perímetro de seguridade para as persoas nas inmediacións do punto da tirada dos fogos de artificio. Fan un chamamento á poboación que acuda a ver os fogos para que respecten os límites dos valos de seguridade.
Relacionadas:
-
A Policía Local pon en marcha tres operativos especiais de tráfico polo inicio das festas e as touradas
Por Redacción |
-
A Policía Local pon en marcha tres operativos especiais de tráfico polo inicio das festas e as touradas
Por Redacción |
-
A procesión da Virxe Peregrina provoca cortes de rúas e limitacións de aparcadoiro
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo dos espectáculos taurinos da fin de semana
Por Redacción |