A Boa Vila regresará a aqueles tolos anos 20
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez
Cine, conferencias, obradoiros infantís e de baile, contacontos, unha feira vintage, exhibicións de baile... e moita diversión. Ponte Coqueta chega a súa segunda edición chea de imaxinación que transforman a cita cos anos 20 nunha semana de actividades.
Do 21 ao 26 de agosto desenvolverase Ponte Coqueta cun eixo temático: Cine e mulleres.
A Casa da Luz, a Casa Azul, as prazas da Pedreira e Curros Enríquez serán os escenarios dunha cita que ven a encher a única semana do mes que quedaba fóra da programación das festas de verán, tal e como subliñou a concelleira de Festas, Carme da Silva, que non dubidou en viaxar á lúa durante a presentación que fixo Marcelo Dobode do programa da segunda edición de Ponte Coqueta.
A meirande parte das actividades terán lugar no Casino Mercantil, agás a proxección do venres, na Praza da Pedreira e a Feira Vintage do sábado, na Praza de Curros Enríquez
De luns 21 a sábado 26 de agosto. Exposición de cine antigo no Casino Mercantil
Luns 21 de agosto. 12.00 horas Conferencia de Luisa e Juan Torres
Martes 22 de agosto. 20.00 horas Conferencia de Xisela Franco seguida da proxección dun filme antigo
Mercores 23 de agosto. 18.00 horas Obradoiro infantil: constrúe o teu zootropo
Xoves 24 de agosto.
- 11.00 horas a 13.00 horas Obradoiro de baile (nivel iniciación)
- 18.00 horas a 20.00 horas Obradoiro de baile (nivel avanzado)
- 18.00 horas Obradoiro infantil: cine
Venres 25 de agosto
- 11.00 horas a 13.00 horas Obradoiro de baile de lindy hop (iniciación)
- 18.00 horas a 20.00 horas Obradoiro de baile de lindy hop (avanzado)
- 22.30 horas Proxección filmes antigos ao aire libre coa música en directo da Banda Artística de Arcade (Na praza da Pedreira) Filmes: Miss Ledya e Nuestras fiestas de allá
Sábado 26 de agosto. Feira Vintage na Praza de Curros Enríquez (Animan á xente a vir vestida dos anos 20)
- 11.30 horas Inauguración feira vintage.
- 12.00 horas Demostración de swing e lindy hop
- 13.00 horas Sesión vermú – concerto con The Soul Breakers
- 17.30 horas Contacontos
- 18.30 horas Clase aberta de lindy hop
- 21.00 horas Concerto de Three on de Beat – Gallaecia Small Band
Relacionadas:
-
A Peregrina sintoniza cos tolos anos 20 con Ponte Coqueta
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Ponte Coqueta despide a súa segunda edición cunha animada xornada 'vintage'
Por Redacción |
-
Ponte Coqueta ou a escusa para recuperar grandes xoias da historia do cinema en Pontevedra
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |