Os gardacostas requisan 403 útiles de pesca na ría de Arousa
Por Redacción
Axentes do servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 600 útiles de pesca en diversos controis realizados nos últimos días na costa galega. Tamén aprehenderon 1.600 metros de aparellos de enmalle e ademais comisaron máis de 2.200 quilos de peixe e marisco.
A maioría dos útiles foron requisados na ría de Arousa, onde os gardacostas realizaron controis que se saldaron coa incautación de 403 útiles, de 1.400 metros de artes de enmalle e co comiso de preto de 190 quilos de distintas especies de peixe e marisco.
O control máis destacado tivo lugar na zona sur da ría, nas inmediacións do Grove, e nel os axentes requisaron 166 nasas por estar sen identificar e en zona prohibida e 35 cacharros de polbo e comisaron 97 quilos de polbo.
Na ría de Pontevedra as actuacións realizadas saldáronse coa incautación de 41 útiles, de 200 metros de artes de enmalle e co comiso de 8,5 quilos de distintas especies.