Un detido en Bueu por vender drogas no festival SonRías Baixas
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil detivo en Bueu un veciño de Vigo, acusado dun delito contra a saúde pública, por dedicarse á venda e distribución de estupefacientes a pequena escala.
A actuación levada a cabo polas patrullas de Fiscal e Fronteiras da Garda Civil de Marín e Pontevedra, desenvolveuse a madrugada do pasado luns no marco do dispositivo de seguridade que se estableceu con ocasión do festival nusical SonRías Baixas.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, no transcurso deste operativo foi detido C.G.A., de 36 anos, veciño de Vigo, ao ser sorprendido "in fraganti" cando tentaba realizar unha transacción de droga no interior do recinto. No momento da detención incautáronselle 13 dose de heroína, 9 de speed e unha pequena cantidade de marihuana e haxix.
O detido, que ten un amplo historial delituoso, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Marín, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.
Cabe destacar, que con motivo do mesmo dispositivo de seguridade a Garda Civil formulou un total de 20 actas-denuncias por tenencia e consumo de drogas na vía pública e unha por desobediencia aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións.