Medio Rural cede un camión motobomba ao Concello da Lama
Por Redacción
A Consellería do Medio Rural, tras a xestión do alcalde Jorge Canda, cedeu un camión motobomba que pasará a desempeñar funcións de prevención e loita contra incendios forestais e de asistencia á poboación do municipio en caso de emerxencias na Lama.
O municipio carecía deste servizo despois de que, anos atrás, se averiara por completo o camión que prestaba este labor desde hai tres décadas.
Jorge Canda recibiu o vehículo e remitiuno ao parque municipal para que os operarios do Concello realicen as comprobacións para a súa posta a punto, de forma que poida intervir en calquera situación de emerxencia.
A motobomba foi cedida en propiedade ao concello da Lama pola Xunta de Galicia a través do Plan de Loita contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga).