Dous menores intoxicados por alcol e un ferido nunha liorta no primeiro día de peñas
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O balance do primeiro día de peñas deixa un ferido por agresión e tres intoxicacións etílicas, dúas delas sufridas por menores de idade que abusaron na inxesta de alcol.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Local de Pontevedra, o ferido foi atendido polos servizos sanitario e non necesitou hospitalización.
Desde a Xefatura Local destacaron a ausencia de problemas graves de seguridade valorando con satisfacción o "bo comportamento xeral" aínda que se recolleron queixas por parte de cidadáns e algúns hostaleiros.
A presenza de mozos nas rúas foi máis numerosa o sábado que durante o domingo.
LIXO RECOLLIDO
Esa maior afluencia de xente o sábado notouse tamén no lixo recollido nas rúas e prazas durante esta celebración. Segundo informou o Concello, os traballadores do servizo de limpeza recolleron 11 toneladas de lixo o sábado e outras cinco o domingo.
Desde o goberno municipal sinalaron que non houbo ningún incidente "reseñable" ningún dos dous días e destacaron o comportamento "extraordinariamente cívico" de toda a xente que estivo en Pontevedra a fin de semana.