Empezan 58 días de feira en Portonovo, máis tempo que nunca
Por Oskar Viéitez
Esta fin de semana abriron as casetas da Feira Multisectorial de Portonovo, situada ao longo da rúa Rafael Picó e estará en funcionamento durante 58 días, máis tempo que calquera edición anterior.
Desde o goberno local bipartito consideran que "se finalmente se puido facer é grazas a un gran esforzo dos técnicos do Concello e do goberno".
O Concello entregou o venres as chaves das casetas a todos aqueles adxudicatarios que presentaran toda a documentación e por tanto asinaran o contrato.
"A pesar das declaracións e comentarios en redes sociais", o goberno asegura estar "moi satisfeito" de poder organizar a feira este ano e facelo "a pesar de ter que cambiar totalmente o modelo de xestión, que garante máis legalidade e máis ingresos para os eventos de Portonovo".
Así lembran que o 1 de xuño cando o novo goberno constitúese non había autorización de Costas para a feira de multisectorial e que foi o Servizo Provincial de Costas o que comunica que autoriza a feira a condición de que estea organizada plenamente polo Concello. Por tanto, este non pode delegar nun terceiro como ocorría en anos anteriores.
Relacionadas:
-
Cita coa mellor artesanía na Feira Multisectorial de Portonovo
Por Noticia patrocinada |
-
Portonovo reinventa a súa feira multisectorial
Por Redacción |
-
Rodríguez Búa reclama o certificado técnico das casetas da feira multisectorial de Portonovo
Por Oskar Viéitez |
-
Os comerciantes de Sanxenxo están satisfeitos coa zona azul pero non coa Feira Multisectorial
Por Redacción |
-
O concello asume a coordinación das festas de Portonovo
Por Oskar Viéitez |