A Deputación cuatriplica o valor do seu patrimonio nun ano e achégase aos 240 millóns
Por Redacción
A Deputación Provincial de Pontevedra cuatriplicou no último ano o valor do seu patrimonio ao pasar de 62,4 millóns de euros no último inventario coñecido aos 237,4 nos datos renovados que foron difundidos este xoves polo organismo. Este incremento do 380% débese á integración dos patrimonios dos seus organismos autónomos.
Os datos, sempre referidos a valores catastrais, figuran na aprobación do inventario xeral da institución provincial que foi informado na comisión informativa de Facenda antes de ir ao vindeiro Pleno da Corporación Provincial.
A Deputación posúe máis de 1,5 millóns de metros cadrados en terreos. Destacan as fincas de Lourizán, Salcedo, Príncipe Felipe e Soutomaior e engádese o polígono de Barro-Meis, pertencente antes ao Ipespo, cunha superficie de 250.000 metros cuadrados.
Ademais, posúe máis de 20 edificios, moitos de carácter histórico como o Pazo Provincial, Soutomaior, os seis do Museo ou o Palacete das Mendozas. Ten tamén 2.000 quilómetros de estradas.
No capítulo de mobles conta con 760 obras de arte ubicadas ou almacenadas en diferentes dependencias, que teñen un valor de 3.685.197,44 de euros. As obras elaboradas na Escola de Canteiros están valoradas en 432.091,52 euros e as das coleccións do Museo de Pontevedra en 156 millóns euros.
Á marxe destes valores mobiliarios, a Deputación tén outras propiedades como accións en Sogarpo, Club Financieiro de Vigo, Xestur, Celta ou Pontevedra CF.