Este venres abriuse o aparcadoiro da Praza do Mar
Por Oskar Viéitez
Este venres abriuse o aparcadoiro da Praza do Mar, que ten 208 prazas de aparcadoiro, con 7 para persoas con discapacidade e 6 para carga e descarga. O prezo por aparcar é de 0,022 céntimos por minuto.
Para poñer en marcha o aparcadoiro, unha vez que o Concello de Sanxenxo contou co permiso de Portos de Galicia, tivo que instalar sistemas de vixilancia, barreiras de acceso e columnas de tickets. Fíxose compatible a adaptación ao sistema que xa tiña instalado o aparcadoiro inferior cuberto.
Este aparcadoiro poderase utilizar sempre que o inferior estea completo. Por tanto, trátase dunha instalación para uso nos momentos de máxima ocupación de Sanxenxo, como o verán ou a Semana Santa e outros momentos nos que se organicen eventos que atraian unha gran cantidade de público.
A posta en marcha do aparcadoiro forma parte do acordo de goberno entre SAL e Partido Popular, no que se comprometían a poñelo en marcha este mesmo verán, aínda que cando se asinou o acordo, a finais de maio non dispoñían de todos os permisos necesarios.