O PP de Poio denuncia "o Pleno da Vergonza" e convoca a veciñanza a unha mobilización
Por Oskar Viéitez
O voceiro do grupo municipal do Partido Popular en Poio, Ángel Moldes, criticou que o goberno local convocase o Pleno extraordinario sobre o IBI o martes ás 9:30 da mañá, "agochándose dos veciños" pese a que o PP pediu que fose a unha hora que facilitase a asistencia dos afectados.
Moldes calificou a convocatoria coma "o Pleno da Vergonza" e chamou a un "pleno dos veciños" para o martes pola tarde para participar nunha mobilización na que "votará o Pobo".
Segundo os populares, "mentres a forza maioritaria de Poio, o PP, fai unha oposición construtiva, plantea solucións e reúnese cos veciños, o goberno se esconde e lles pecha a porta".
Finalmente insistiu en que o goberno local do BNG e o Partido Socialista "non quere que os veciños participen". Nese sentido asegura que a marcha convocada para o martes ás 20:30 horas convertirase nun "pleno aberto ós veciños: ó rematar a marcha, o pobo votará a rebaixa do IBI e as bonificacións".