Máis de 350 litros de leite a cambio de centros de flores
Por Anxo Lourido
Primeiro foi o centro de peiteado Cindarella, agora El jardín de Anabel en Paseo de Colón. Os actos solidarios estanse a converter nun hábito entre os establecementos do centro de Pontevedra.
A ONG Amigos Mira promove actos como o que durante a xornada deste mércores 27 desenvolveu Anabel Ravía na súa floristería. A cambio de dous litros de leite, a propietaria entregaba ao cliente un centro de mesa con flores que, en compañía do seu marido e dunha amiga, levaban elaborando días. O resultado foi a obtención de máis de 350 litros de leite que agora a asociación Amigos Mira trasladará a aquelas familias necesitadas.
Anabel recoñece que foi Montse de la Peluquería Cindarella quen lle propuxo realizar este acto solidario: "tuve mucho trabajo pero ha valido la pena. Elaboramos 160 centros con flores. Pero ya por la mañana llegaron clientes con más de 260 litros de leche. Estoy muy sorprendida".
Dende a asociación Amigos Mira, a responsable Amparo indicaba que o máis rechamante é que "solo pides 2 litros y traen 6. Eso significa que la gente quiere colaborar". Anabel Ravía indica que a xente se decata destas iniciativas sobre todo polo boca a boca "lo vamos comentando entre nuestros clientes y se forma una cadena impresionante". Precisamente, El Jardín de Anabel sufrira un incendio en outubro do pasado ano e Anabel recoñecía as dificultades polas que se pasa nun momento de apuro. Por iso aposta pola solidariedade.
Agora están en xestións cunha empresa de autobuses e outra de fontanaría para intentar que tamén colaboren con esta cadea de favores. Anabel Ravía sinala que "siempre se puede donar algo, las ideas se sacan de donde sea y estas acciones solo tienen un fin solidario".
Por iso, afirma, xa está a pensar en repetir a experiencia.