Urbanismo recolle suxestións para simplificar os trámites administrativos
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Urbanismo, Anabel Gulías, informou que o Concello de Pontevedra abriu un prazo para que os colectivos profesionais e a cidadanía en xeral faga as súas achegas e suxestións para redactar a nova ordenanza municipal para simplificar, clarificar e reducir as cargas administrativas e os trámites, segundo explicou a edila.
Entre outras medidas preténdese evitar a duplicidade de informes e trabas inxustificadas. Neste proceso están a revisarse as instancias que deben presentar os veciños, os catálogos dos expedientes e as guías de tramitación.
Ademais o goberno local quere cubrir as vacantes existentes na área de urbanismo, entre outras, un posto arquitecto e outro de arquitecto técnico.
Anabel Gulías tamén comentou que se está avanzando na implementación do Decálogo de medidas para reordenar o departamento e ampliar a transparencia para os cidadáns.