A Lama linda e querida
Por Redacción
Centos de persoas déronse cita na Alameda da Lama para participar na segunda Festa Mexicana organizada polo Concello dentro das actividades da Semana Cultural.
A comida foi servida polo Mesón Mexicano de Tourón (quesadillas, carnitas, pastor, doraditos, etc.) resultou do agrado do público presente que viu mellorado o sistema de distribución dos pratos evitando problemas de esperas e aglomeracións como sucedeu na primeira edición.
Ademais, a organización colocou case o triplo de mesas e cadeiras con respecto ao ano pasado o que redundou nunha maior confortabilidad para os asistentes.
O recinto da Alameda, provisto de carpa e luces, lucía unha decoración especialmente deseñada para o evento con gran presenza de serpentinas e bandeiras dos tres países distribuídos profusamente por todo o recinto festivo ademais de guirnaldas multicolores que axudaron a imbuír aos presentes nun auténtico ambiente de celebración mexicano.
A nota musical correu a cargo dos mariachi de Leonardo Flores e Festa Rancheira.