Un calendario 100% moteiro e 100% solidario
Por Redacción
100% Moteras é unha asociación pontevedresa composta por mulleres de diferentes idades e profesións unidas pola paixón polas motos. Á vista das súas últimas actuacións, tamén polos intereses solidarios. Coa súa contribución desinteresada nun calendario lograron reunir 4.600 euros e doalos á Asociación Española contra o Cancro (AECC).
Co obxectivo de contribuír á loita contra o cancro de mama, o tipo de cancro máis frecuente na muller, cunha incidencia anual de máis de 22.000 casos en España e recadar fondos para a causa, todas elas participaron na elaboración dun calendario solidario implicándose en todo o seu desenvolvemento.
O almanaque, composto por fotos de todas as integrantes do grupo, as súas motos e diversas paisaxes da provincia de Pontevedra, foi distribuído por toda Galicia e algúns puntos de España. Coa súa creatividade lograron reunir máis de 4.600 euros e o xoves 21 de marzo visitaron a sede da AECC de Pontevedra para facer entrega do donativo á presidenta, María Josefa Crespo Amigo.