Cortes de tráfico en Eduardo Pondal para reparar os baixos da ponte da avenida de Vigo
Por Redacción
A ponte situada xusto na intersección entre a avenida de Vigo e a rúa Peregrina leva tempo danado tras un accidente provocado por un condutor que non respectou o gálibo e esnaquizouno por baixo. Agora, o Concello de Pontevedra realizará unha serie de actuacións para reparalo e, co obxectivo de facilitar as obras, este venres están previstas restricións de tráfico na rúa Eduardo Pondal.
A rúa cortarase entre a rotonda na que conflúen Eduardo Pondal, Augusto García Sánchez e Alcalde de Hevia e a rotonda de Eduardo Pondal con Uxío Novoneira. Permanecerá cortada, pero tan só nun dos dous sentidos de circulación, para os coches que se dirixen desde a praza de Galicia e Alcalde Hevia cara a Eduardo Pondal.
A Policía Local de Pontevedra deseñou un plan especial de tráfico que se poñerá en marcha sobre as 8.00 horas deste venres e durará todo o día. Ademais, en previsión de que se produza algunha incidencia, tamén hai previsto un novo corte para o luns día 7 a partir da mesma hora.
A Policía recomenda aos condutores afectados polo corte dese tramo de Eduardo Pondal que utilicen un itinerario alternativo por Manuel Leiras Pulpeiro e San Pedro Alcántara ou por Andrés Mellado.