Os técnicos non dan abasto coa avespa velutina
Por Oskar Viéitez
Son máis de 150 avisos que desde o 112 trasladáronse á Concellería de Medio Ambiente de Marín, que, á súa vez, foron trasladados á asociación ambiental Depolgal, que se encarga da súa retirada. Esta última semana foi moi prolífica na detección dos niños, tanto primarios como secundarios.
Os primarios apareceron baixo terra, en valados, en cornixas de edificios e nos máis insospeitados lugares como na saída de gases dun extractor dun piso en Seixo, dentro de bloques, dentro de galpón do depósito do gasoil.
Os que se atopan baixo terra son os que máis picaduras están a ocasionar ás persoas que limpan e rozan as súas leiras.
Mentres que os secundarios, fundamentalmente colgados de árbores, van collendo un tamaño considerable e un maior número de especímenes.
Este é o caso dos niños aparecidos en Mogor: no aparcadoiro do restaurante Merendero 2, nun ciprés de gran porte e de difícil acceso, para o que tivo que contarse coa colaboración do camión elevador do servizo de electricidade do Concello.
Desde o Concello informan que aínda hai niños pendentes de retirar que pola súa complexidade, pola altura á que se atopan e mala accesibilidade, terase que erradicar con outros medios. Son dous en Mogor e dous en Esperela.
Todas as parroquias ven afectadas en maior ou menor grao, polo que hai que estar alerta e unha vez detectados dar aviso ao 012 ou ao 112 para actuar con moita brevidade.
Como anécdota, o pasado sábado foi detectado un niño no Tanatorio. Os voluntarios de Depolgal observando a súa gran actividade pero ante a cantidade de xente que estaba no lugar para asistir a un funeral optaron por erradicalo na noite do luns, xa cando a maioría das avespas atópense dentro. Unha operación complexa dada a altura e falta de apoios para a utilización da pértega que se emprega para ese fin.
Os técnicos de Depolgal non teñen a menor dubida que "esta especie veu para quedar e que cada vez nos dará máis traballo contela", polo que pediron a colaboración da cidadanía.
Relacionadas:
-
Ofensiva de Marín contra a avespa velutina
Por Redacción |
-
A adquisición dun dron intensifica as actuacións contra a vespa velutina en Marín
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro ármanse contra a avespa velutina
Por Redacción |
-
Ferido un voluntario de Protección Civil ao caer dunha árbore mentres retiraba un niño de velutinas
Por Redacción |