Cerdedo-Cotobade quere ser o Concello pioneiro en pactos paisaxísticos
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade quere ser o primeiro que asine en España un Pacto pola Protección, Xestión e Ordenación da Paisaxe. Así llo fixo saber o presidente do municipio Jorge Cubela á directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, nun encontro mantido este martes.
A proposta presentada polo Concello establécese como unha guía de boas prácticas e procedementos orientados ao coidado da paisaxe. O executivo quere incluír neste pacto o espazo dos meandros do río Lérez e os proxectos de rehabilitación dos Baños de San Xusto, ademais de potenciar os roteiros de sendeirismo nesta contorna.
O principal beneficio da firma do pacto para o Concello é obter un compromiso por escrito para optar a axudas económicas que financien os proxectos que afecten a estes espazos. Estes investimentos virían determinadas polo comité creado a estes efectos e sempre atendendo ao respecto ambiental.
Cubela entregaba á directora autonómica un borrador de regulamentación xeral para este tipo de pactos elaborado desde o Concello.