O traballo de 25 voluntarios permite retirar máis de 400 quilos de residuos do Gafos
Por Redacción
A quinta xornada de limpeza do río Gafos organizada pola asociación ecoloxista Vaipolorío na campaña 2017 permitiu este domingo retirar da canle fluvial máis de 400 quilos de residuos.
Segundo os datos facilitados por Vaipolorío, os 25 voluntarios que se uniron a esta xornada de limpeza na mañá deste domingo retiraron 350 quilos de lixo e 50 quilos de vidro.
A xornada contou coa participación de 12 voluntarios da Fundación Xoán XXIII de Pontevedra, entidade colaboradora habitual de Vaipolorío.
O vindeiro domingo 6 de agosto está prevista a sexta e última xornada de limpeza da campaña 2017.
Relacionadas:
-
A campaña de limpeza de Vaipolorío retira 1.280 quilos de lixo do Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Traballa, canta, toca, baila, coida o medioambiente ...e pregoará as Festas de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Retiran 200 quilos de lixo do río dos Gafos
Por Redacción |
-
Cando a natureza non é un obstáculo
Por Oskar Viéitez |
-
Un banco senta no río dos Gafos
Por Redacción |