Para carneiro, Moraña. E se é ao espeto, xunta miles de persoas
Por Diego Torrado
Miles de persoas volveron a darse cita este último domingo de xullo na Carballeira de Santa Lucía de Moraña para asistir á Festa do Carneiro ao Espeto. A celebración chegou á súa edición número 38 coa tradición máis viva que nunca e renovando a devoción de todos os seus fieis gastronómicos, uns 3.000.
A festa empezou xa pola mañá con pasarrúas e actuación da agrupación de baile tradicional e o grupo de pandereteiras Seixebra de Moraña e a charanga Vos Encerellados, que quentaron o ambiente mentres a organización prepararaba os carneiros. Ás 14.30 horas chegou o momento máis esperando, empezou a correr comida e bebida polas mesas.
A festa, declarada de interese turístico gastronómico, é a única destas características que se celebra en Galicia e vai crecendo cada ano. Este 2017 a asistencia foi aínda máis elevada de anos anteriores, con 141 lotes de carneiro encargadas -en 2016 foran 109-, cifra que permite calcular que se deron cita para gozar deste manxar típico de Moraña preto de 3.000 persoas, pois por cada lote calcúlanse 20 comensais.
A charanga Vos Encerellados e o grupo Tiruleque foron os encargados de animar a sobremesa e xa pola noite espérase unha gran verbena a cargo das orquestras Charleston e Aché.
Entre quen acudiu á celebración estiveron, un ano máis, a alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, así como autoridades locais provinciais.
Relacionadas:
-
O Pontevedra derrota a Coruxo e Arosa e adxudícase o XLVIII Trofeo Carneiro ao Espeto
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Deporte para todas as idades na quinta edición da carreira popular Carneiro ó Espeto
Por Redacción |
-
Miles de persoas dan boa conta do carneiro ao espeto en Moraña
Por Diego Torrado |
-
O Carneiro ó Espeto volve triunfar en Moraña
Por Diego Torrado |