Máis de 150 persoas agradecen os 34 anos de dedicación de Luís Miguel Fuente pola Lama
Por Redacción
Máis de 150 persoas acudiron este sábado á comida organizada na Lama en homenaxe a Luís Miguel Fonte Martín con motivo da súa xubilación como médico tras 34 anos de exercicio continuado no centro de saúde do municipio.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e o alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, acudiron á comida e entregaron a Luís Miguel Fonte unha placa conmemorativa, un reloxo e un pin de honra do Concello da Lama.
Luís Miguel Fonte Martín sentiu atafegado polas mostras de afecto recibidas e deu as grazas polas mostras de agarimo recibidas. A pesar de ser natural de Burgos, dixo sentirse como un lamense máis.
O acto de homenaxe desenvolveuse no pavillón municipal de deportes da localidade polas inclemencias metereolóxicas. Durante o mesmo, Jesús Vázquez Almuiña enxalzou o labor do médico rural, a súa dedicación e o sacrificio que durante anos de vocación estes profesionais da sanidade pública dedican aos seus pacientes. Agradeceu a profesionalidade do homenaxeado e dixo que co seu exemplo honraba á profesión médica.