Bertín Osborne en Sanxenxo; música... e pádel
Por Redacción
Non só de música vive Bertín Osborne. A través do seu programa de televisión en Telecinco, Mi casa es la tuya, sabemos que o artista andaluz é un gran afeccionado aos deportes, practicando algún sempre que pode. E durante a súa visita a Sanxenxo tivo tempo para dedicarse a unha das súas paixóns, o pádel.
O cantante, antes da súa actuación no porto deportivo Juan Carlos I, acudiu ao Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo para disputar un partido de pádel con varios xogadores do club pontevedrés.
A súa presenza nas instalacións foi toda unha revolución e foi moi comentada no municipio.
Tras o partido, Bertín Osborne preparouse para o concerto que ofreceu onte á noite acompañado de vinte músicos, o pianista David Pérez, a AP Big Band e o Mariachi Os Caporales.
Sobre o escenario, o artista interpretou as súas baladas de sempre, rancheiras e os temas de se último disco, Crooner, cunha Big Band formada por 15 músicos, que ofreceron un estilo que lembrou ao do jazz americano.