Sanxenxo solicitará a certificación oficial como destino turístico intelixente
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martin, anunciou este venres que o obxectivo do Concello é solicitar a certificación oficial como destino turístico intelixente, para así poder ter unha participación activa na próxima norma UNE 178501 AENOR sobre destinos turísticos intelixentes e as ferramentas creadas.
A intención de converterse nun DTI supón o establecemento dunha estratexia de revalorización do destino que permita aumentar a súa competitividade, mediante un mellor aproveitamento dos seus atractivos naturais e culturais, a creación doutros recursos innovadores, a mellora na eficiencia dos procesos de produción e distribución que finalmente impulse o desenvolvemento sustentable e facilite a interacción do visitante co destino.
Martín anunciouno durante a visita a Sanxenxo do coordinador xeral do Plan Nacional de Cidades Intelixentes, Enrique Martínez Marín, que actúa como presidente do Comité Técnico de Normalización CTN 178, de UNE-Aenor, sobre Cidades Intelixentes.
Enrique Martínez Marín reuniuse co alcalde; o tenente de alcalde e coordinador relacións institucionais, Gonzalo Gonzalo Pita; o presidente do CETS, Francisco González; e representantes de EOSA. No encontro aproveitou para agradecerlle a Sanxenxo a súa participación na experiencia piloto e no proceso de validación da norma UNE 178501 AENOR sobre destinos turísticos intelixentes. Sanxenxo foi un dos destinos onde se testeó dita norma, habéndose precertificado o distintivo.