Rajoy repetirá na carballeira de San Xurxo para abrir o curso político nacional do PP
Por Redacción
A provincia de Pontevedra vai acoller, por undécimo ano consecutivo, o inicio do curso político do Partido Popular. Será, segundo confirmou este xoves o presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, na Carballeira do San Xurxo, en Cerdedo-Cotobade.
Despois de varios anos nun pazo do Salnés e no castelo de Soutomaior, en 2016, o acto pasou a Cerdedo-Cotobade. Este ano repetirá porque, segundo explicou o presidente provincial, "resultou ser un sitio moi cómodo, de fácil acceso e moi céntrico" para as máis de 1.500 persoas que adoitan participar no acto.
Está confirmada a presenza do presidente do Goberno e do Partido Popular, Mariano Rajoy, pero aínda queda por fixar a data exacta. O presidente provincial apuntou que será "a última fin de semana de agosto ou a primeira de setembro".
Rueda fixo o anuncio durante a reunión do comité executivo provincial do PP de Pontevedra que presidiu este xoves, ao que acudiron como convidados os conselleiros de Sanidade e Industria, Jesús Vázquez Almuíña e Francisco Conde.
O comité executivo aprobou a segunda quenda de congresos locais a celebrar a partir de setembro e durante os primeiros meses do 2018. Entre eles está o de Pontevedra cidade, pero tamén outros da súa área como Bueu, Barro, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Vilaboa, A Illa ou Cuntis. A listaxe complétana A Guarda, O Rosal, Oia, Crecente, Silleda e Ponteareas.
O presidente provincial indicou que non se están elixindo candidatos, senón que os cabezas de lista comezaranse a elixir ao longo do próximo ano, unha vez que remate este proceso, Agora "trátase de dar estabilidade e fortalecer as xuntas locais a nivel interno" e moitos cabeza de listas sairán deses congresos, "pero non todos".
Relacionadas:
-
O PPdeG volverá abrir o curso político en San Xurxo de Sacos e confirma a presenza de Pablo Casado
Por Redacción |
-
O PP, en San Xurxo pensando en Barcelona: "Rompéronnos a alma, pero non van romper nunca o que somos"
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
O PP, en San Xurxo pensando en Barcelona: "Rompéronnos a alma, pero non van romper nunca o que somos"
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
O PP agarda 1.500 persoas o domingo no inicio do curso político en San Xurxo, que presidirá Rajoy
Por Redacción |
-
O PP escolle Cotobade para iniciar a precampaña, coa presenza de Rajoy e Feijóo
Por Redacción |