A Policía Nacional identifica dez persoas en dous controis policiais nas avenidas de Marín e Vigo
Por Redacción
Os condutores que circulaban na mañá deste xoves polas avenidas de Vigo e Marín atopáronse con senllos controis policiais que, de forma aleatoria, ían parando aos vehículos. Era un dos servizos habituais do Grupo Operativo de Resposta (GOR) da Policía Nacional que adoitan realizarse nos accesos á cidade e permitiu a identificación de dez persoas.
Segundo os datos facilitados pola Policía Nacional, os axentes da Comisaría Provincial adscritos ao GOR realizaron un control sobre nove vehículos e, das 10 persoas identificadas, unha tiña antecedentes policiais.
Os puntos de verificación adoitan instalarse de forma aleatoria en distintas zonas da cidade para a prevención de todo tipo de delitos. Nesta ocasión, establecéronse entre as 12.30 e as 14.00 horas en dous puntos da avenida de Vigo e a avenida de Marín e non buscaban aclarar ningún delito en concreto, senón tarefas de prevención normais.
Relacionadas:
-
Un detido no macro control policial despregado durante as noites de peñas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Os GOR da Policía Nacional despregan controis especiais de seguridade de madrugada nos accesos á cidade
Por Redacción |
-
Detido un home tras asaltar un bar e tentar roubar cunha xiringa nunha tenda de roupa
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Nacional desprega controis de seguridade en tres puntos de acceso á cidade nunha mañá
Por Diego Torrado & Natalia Puga |