Gastronomía e música únense no Festixeve 2017
Por Diego Torrado
Este domingo continúa o Festixeve, organizado pola asociación recreativa de Xeve coa colaboración do Concello de Pontevedra, coa degustación de empanada e rosca no Campo do Vilar de Fragoso, na parroquia de Santo André de Xeve.
Nesta festa organízanse diferentes actividades para os máis pequenos con inchables mentres que os adultos teñen a posibilidade de degustar os mellores produtos da gastronomía tradicional.
A cantante Sés, que recibiu numerosas mostras de agarimo por parte do público, foi a estrela desta edición cun concerto que se iniciou pasada a medianoite e no que presentaba o seu último álbum 'Opoñerse á extinción'. Este domingo está prevista a actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona a partir das 17.00 horas.