Máis visibilidade, obxectivo da nova xunta directiva de Cidadáns Pontevedra
Por Redacción
A agrupación de Cidadáns (Cs) Pontevedra renovou á súa xunta directiva para aumentar o número de votos nas próximas eleccións municipais, previstas para dentro de dous anos.
A nova xunta elixida está formada por Gregorio Revenga Portela, coordinador; a concelleira de Cs en Pontevedra, María Rey Martínez, responsable de Política Municipal; Miguel Castro Carrasco, secretario e tesoureiro; Javier Alonso Seoane, responsable dixital de Comunicación e José Manuel Bretal Cancelas, responsable de Loxística.
Como principais eixos exponse gañar en visibilidade e iniciativa política, ademais de aumentar o número de afiliados. Ademais, a directiva quere reforzar o labor de María Rey, representante de Cidadáns na corporación.
Desde este partido sinalan que queren asentarse e organizar un proxecto ambicioso tanto nas eleccións municipais de 2019 como nas próximas autonómicas.