O Gorgullón lembra a catástrofe do Prestige e o movemento Nunca Máis
Por Redacción
A catástrofe do Prestige permanece na mirada de todos os que se achegan ata o final desta semana polo Centro Social do Gorgullón. Alí exponse a mostra fotográfica Nunca Máis, a rebelión dun pobo que naceu como un proxecto da Plataforma Nunca Máis e que xa circulou por numerosas lugares de Galicia.
Trátase da obra de oito fotógrafos que viviron en primeira persoa aquel afundimento e todo o movemento solidario que se desenvolveu durante os meses seguintes para retirar o chapapote da costa galega. Así o recorda Luis Carballo Espiña, presidente da asociación de veciños Eduardo Pondal, que en compañía doutros membros da directiva percorren a ampla exposición. Indica que "para todos foi unha situación moi dura que agora estamos a lembrar coa intención de que non volva suceder".
Móstrea contén tamén imaxes da resposta social que aquela catástrofe medio ambiental tivo na rúa, coas manifestacións nas principais cidades galegas e tamén en Madrid.