Acordo político para regular os plenos a partir de setembro

Por Alejandro Espiño
Tras meses de idas e vindas, os cinco partidos con presenza na corporación municipal de Pontevedra chegaron a un acordo para modificar o regulamento do pleno. Aplicarase a partir de setembro.
Segundo explicou o alcalde tras a xunta de portavoces, as sesións plenarias pasarán a celebrarse os antepenúltimos venres de cada mes, a partir das 10.30 horas.
Limitarase o número de mocións, seguindo un criterio de proporcionalidade. Así, tanto BNG como PP poderán presentar tres iniciativas, mentres que Marea, PSdeG-PSOE e Cidadáns un máximo de dous.
Tamén se regulará o tempo das intervencións. O relator terá sete minutos para explicar a súa moción e o resto de grupos catro minutos para a súa primeira intervención. A partir de aí, outros tres minutos para quen propón a moción, dous minutos de réplica para cada partido e unha intervención final de dous minutos do relator completarán o debate.
A corporación tamén acordou que este ano non haxa pleno en agosto.
A sesión correspondente a xullo celebrarase este xoves 20 de xullo, ás 11.00 horas.
Nela, o BNG presentará unha moción para pedir á Xunta medidas de acougado de tráfico na PO-223 en Lérez e Xeve; mentres que o PP pedirá que se licite a cafetería do pavillón municipal, que se cumpra a lei de transparencia e solicitará a entrada de Pontevedra na rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
Marea, pola súa banda, solicita a mellora da accesibilidade no pavillón municipal; o PSdeG-PSOE a redacción dunha nova ordenanza de vaos e obras de reforma urbana en Campolongo Sur e Cidadáns regular a transparencia nos contratos menores do Concello.
Relacionadas:
-
O Concello non tramitará a moción de Cidadáns sobre os contratos menores ao invadir as súas competencias
Por Alejandro Espiño |
-
Os lombos na PO-223 entre Lérez e Xeve, rexeitados só por Cidadáns
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Todas as multas por aparcar nun vao serán recurribles ata a elaboración dunha ordenanza, denuncia o PSOE
Por Diego Espiño |
-
O BNG buscará apoio no pleno para pedir á Xunta lombos en Lérez e Xeve
Por Diego Espiño |
-
O PP pedirá no pleno que a web municipal publique todos os contratos negociados con e sen publicidade
Por Redacción |
-
Marea reclama garantir a accesibilidade no Pavillón Municipal
Por Redacción |
-
O PP reclama a licitación do servizo de cafetería no Pavillón Municipal dos Deportes
Por Diego Espiño |