Ninguén solicitou "medios suplementarios nin xente" a Pontevedra para atender o incendio de Tenorio
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Concello deféndese das críticas. Ninguén solicitou "medios suplementarios nin xente" aos Bombeiros de Pontevedra para atender el incendio de Tenorio, segundo asegurou a edil responsable do servizo, Carme da Silva, que defendeu que "en todo momento" cumpriuse "escrupulosamente" co protocolo que recolle o mapa de emerxencias da Xunta.
"Se hai un problema cos tempos de resposta é unha cuestión que non corresponde a Pontevedra, senón á Consellería de Presidencia que é quen establece eses tempos", engadiu Da Silva ante as críticas do delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, que insinuou que os bombeiros de Pontevedra non quixeron atender o incendio.
Pontevedra dá servizo aos concellos da comarca, aclarou a concelleira do BNG, seguindo o mapa de emerxencias. Saen "inmediatamente" se existe risco para as vidas das persoas ou se o parque de bombeiros ao que lle corresponde atender a emerxencia está noutro servizo. Ningún dos dous supostos, dixo, cumpriuse en Tenorio.
"Ribadumia estaba de camiño e non nos mandaron saír", reiterou Carme da Silva, que aclarou que o 112 só avisou de que se produciu este incendio, pero non solicitaron a presenza dos Bombeiros de Pontevedra nin o apoio con recursos humanos ou materiais.
Da Silva vaticinou que "van seguir pasando cousas así", ante o "fracaso" dun sistema de emerxencias que "non responde as necesidades" dos concellos
Ademais, a concelleira revelou que o tenente de alcalde de Cerdedo-Cotobade, Fernando Vázquez, chamouna hai uns días para solicitar o apoio dos Bombeiros de Pontevedra para a organización dunha proba deportiva, polo que "tiña o meu teléfono" e, a pesar diso, tampouco pediu a intervención do parque municipal.
Da Silva vaticinou que "van seguir pasando cousas así", ante o "fracaso" dun sistema de emerxencias que "non responde as necesidades" dos concellos.
Ante este problema, a tenente de alcalde de Pontevedra lembrou que o Concello "está aberto" desde hai anos a comarcalizar o parque de bombeiros, de forma que deixe de ser "estritamente municipal" e a Xunta colabore no seu financiamento.
"Pontevedra ten un parque que está moi ben de medios e cun persoal moi cualificado polo que podería prestar servizo a máis concellos coa financiación oportuna", sinalou Da Silva, que engadiu que "non ten sentido que teñamos que dar servizo a todos os concellos porque os tempos de resposta do mapa non sexan correctos".
A XUNTA ASEGURA QUE O 112 CHAMOU DÚAS VECES
Con respecto a estas declaracións, a Consellería de Presidencia aclarou que, ao mesmo tempo que se mobilizou ao resto do operativo, o 112 Galicia realizou a primeira chamada aos bombeiros municipais de Pontevedra "e a contestación foi que ían consultar se tiñan autorización para saír" e quedaron en comunicar a decisión.
Ante a falta de resposta, segundo a Xunta, o 112 realizou unha segunda chamada solicitando aos bombeiros de Pontevedra que se acheguen ata Tenorio, ao que volven respostar que van pedir autorización.
Ás 19.59 horas, "o 112 recibiu a chamada dos bombeiros de Pontevedra onde comunicaron a súa negativa a desprazarse a Tenorio", remata o comunicado da Xunta.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade solidarízase coa familia que perdeu a súa casa e a súa carpintería nun incendio
Por Redacción |
-
Comarcalizar os bombeiros de Pontevedra, solución "idónea" para Ponte Caldelas en materia de emerxencias
Por Redacción |
-
Cubela critica duramente o operativo do incendio de Tenorio e pide que o parque de Pontevedra sexa comarcal
Por Natalia Puga |
-
O incendio de Tenorio volve poñer en cuestión o mapa de emerxencias na comarca de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
VÍDEO.- Un incendio calcina unha nave industrial e afecta a unha vivenda en Calvelo
Por Diego Espiño & Diego Torrado |