Métenlle presa a Catalina polas obras de seguridade viaria da PO-308
Por Oskar Viéitez
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, recibiu este martes aos representantes da plataforma de afectados polo proxecto de seguridade vial da estrada PO-308, que trasladaron á rexedora a súa petición de que realice as xestións precisas para axilizar o máximo posible esta actuación.
E é que tanto o Goberno local como os afectados consideran prioritaria a execución dun proxecto destas características nunha vía altamente utilizada ao transcorrer paralela ás praias sanxenxinas.
Aos integrantes desta plataforma non lles convenceron as explicacións da directora da Axencia Galega de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na última xuntanza celebrada, pola súa "falta de concrección sobre o inicio das obras neste vial".
Desde a administración autonómica alegábanse problemas económicos, uns inconvintes que deixan aberta a posibilidade de que dita licitación aprácese a 2015.