Os profesionais do volante honran o seu patrón
Por Redacción
Unha caravana de vehículos engalanados para a ocasión renderon homenaxe en Poio, do mesmo xeito que noutros lugares, a San Cristóbal, patrón dos profesionais do volante.
En Poio, os integrantes da Asociación Recreativa San Cristóbal organizou unha xornada de actos que arrancou cunha concentración de camións e turismos ante o mosteiro.
Tras a tradicional misa protagonizaron unha marcha polo municipio no medio dun ambiente festivo, un percorrido que contou cunha parada moi especial no peirao de Campelo para homenaxear aos mariñeiros falecidos no naufraxio do 'Nuevo Marcos'.
Tras unha pequena intervención gardouse un minuto de silencio e realizouse unha ofrenda floral.
A xornada contaba ademais cunha última cita, unha cea-baile de confraternidade no restaurante Casa Otilio.