Multitudinaria Batalla de Flores para dar a benvida á fin de semana do Carme
Por Redacción & Diego Torrado
Unha explosión de cor, luz e diversión deu a benvida oficial á fin de semana máis importante do ano en Marín, a das Festas do Carme.
A tradicional Batalla de Flores alagou de ambiente festivo as rúas do centro da vila cunha marcha que volveu ser nocturna e que destacou pola vistosidade das carrozas participantes.
Nenos e adultos gozaron do percorrido abarrotando zonas como a Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña ou Jaime Janer.
Aínda que o calendario de actividades festivas iniciouse unha semana atrás, a Batalla de Flores serve de preámbulo ao día gran día festivo do verán marinense, este domingo 16 de xullo, Día do Carme.