Todas as multas por aparcar nun vao serán recurribles ata a elaboración dunha ordenanza, denuncia o PSOE

Por Diego Espiño
O grupo municipal do Partido Socialista denunciou este venres a "inseguridade xurídica" do Concello á hora de regular os vaos permanentes nas entradas a garaxes.
Agustín Fernández, concelleiro do PSOE, explicou en rolda de prensa que tras dúas sentenzas xudiciais contrarias, emitidas polo Xulgado Contencioso 3 de Pontevedra, calquera multa imposta pola Policía Local por aparcar nun vao pode ser recorrida por carecer de regulación específica que ampare a norma por falta de homologación dos sinais.
Iso o que ocorreu en ambos os casos, o último con sentenza emitida o pasado mes de marzo, condenando ao Concello a "devolver cargos da grúa, os cargos da multa e pagar as costas", explicou o socialista.
"Isto pode convertirse nunha especia de lei da selva", sinalou Fernández, que só pode atallarse coa elaboración dunha nova ordenanza municipal que regule os vaos.
Por ese motivo o PSOE presentará unha proposición no próximo pleno da corporación instando a que se axilice a elaboración da citada ordenanza.