Volta á normalidade no transporte de autobuses co conflito aínda latente
Por Oskar Viéitez
A estación de autobuses de Pontevedra vive este venres unha xornada de normalidade despois da volta ao traballo deste xoves tras alcanzar a patronal e os sindicatos un principio de acordo.
Atrás queda xa a ameaza dunha folga indefinida co cesamento de actividade total. Así o decidiron na asemblea de traballadores de Pontevedra, aínda que tamén advertiron que o conflito segue latente.
Patronal e sindicatos pactaron a creación de comisións delegadas para abordar a revisión das táboas salariais vixentes en cada un dos convenios provinciais de transporte de viaxeiros por estrada. O primeiro encontro terá lugar a próxima semana.
A asemblea de traballadores de Pontevedra pedía unha alza do 5,8%.
Relacionadas:
-
Suspenden a folga de autobuses tras un principio de acordo entre sindicatos e patronal
Por Redacción |
-
Os sindicatos non levantan a protesta no transporte
Por Oskar Viéitez |
-
Os piquetes fanse notar na cuarta xornada de paro no transporte
Por Oskar Viéitez |
-
Empezan dúas novas xornadas de folga de autobuses "con todo parado"
Por Oskar Viéitez |
-
Os sindicatos sinalan un seguimento masivo da folga de transporte e a Xunta abre expedientes
Por Redacción |
-
Comeza a folga do sector do transporte
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada