Música e mexillóns para San Bieito
Por Redacción
Tradicionalmente as Festas do verán de Pontevedra arrancan co San Bieito, aínda que este ano ese pistoletazo correu a cargo do Memorial Ricardo Portela. O martes é San Bieito, día festivo en Pontevedra, e como vén sendo habitual o Concello organizou unha serie de actividades festivas e de lecer arredor desta romaría. O programa previsto é:
- 10.30 horas. Saída dos grupos de música tradicional desde o Concello até os salóns do Lérez.
- 11.30 horas. Romaría popular. Praia fluvial do Lérez
- 11.45 horas. Actuación dos Gaiteiros das Rías Baixas e Os Alegres
- 12.00 horas. Mexilloada popular. Praia fluvial.
- 17.00 horas. Actuación dos grupos de pandereteiras de Verducido e Os Alegres, na beira do río.
- 22.00 horas. Verbena no adro do Mosteiro de San Bieito de Lérez. Orquestra Aramio.
PLAN DE TRÁFICO
A Policía Local elaborou un dispositivo de tráfico ante a previsión da presenza de centos de personas o adro do Convento de Lérez.
A primeira hora procederase a cortar o acceso cara ao Castelo polo centro de saúde de Lérez. Prohibirase o estacionamento en Leandro del Río (segundo o plano adxunto) e cortarase a rúa sentido o Burgo dende a glorieta do mosteiro. Os autobuses realizarán a súa parada no carril dereito de Leandro do Río Carnota (sentido Campo Lameiro) xusto antes da glorieta do mosteiro.
Na avenida de Bos Aires cortarase o tráfico dende a glorieta coa ponte de Monte Porreiro cando a Policía o considere oportuno. Tanto na zona reservada da avenida de Bos Aires á altura da praia fluvial, como na zona de celebración da mexilloada, só poderán estacionar vehículos autorizados.
Pola tarde abriranse as estradas cortadas e apartarase a sinalización cando a afluenza de pública así o permita.
Relacionadas:
-
Os carteiristas, á espreita por San Benitiño
Por Redacción |
-
O Animatrón enche o parque das Palmeiras de nenos con ganas de festa
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Milleiros de persoas cumpren coa tradición nunha multitudinaria romaría de San Benitiño
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Se vas ao San Benitiño... ten coidado coa carteira
Por Redacción |