Un pequeno incendio en Poio mobiliza os servizos de emerxencia
Por Redacción
Os montes de Poio sufriron este sábado o seu primeiro incendio forestal aínda que, grazas á rápida intervención dos veciños e dos servizos de emerxencia, apenas houbo que lamentar danos.
O lume detectouse sobre as 10.45 horas no lugar de Zapata, no Sartal (San Xoán de Poio).
Segundo fontes de Medio Rural, no incendio arderon 0,01 hectáreas.
Ao lugar acudiu unha brigada de extinción de incendios da Xunta de Galicia e efectivos de Protección Civil de Poio.
Os primeiros en chegar foron os propios veciños que, coa colaboración de Protección Civil, lograron controlar o lume. Os brigadistas, posteriormente, remataron as tarefas de extinción.