Igualdade convoca a Andrés Díaz a unha xuntanza para reabrir o CIM de Ponte Caldelas
Por Redacción
A Xunta moveu ficha con respecto á situación do Centro de Información á Muller (CIM) de Ponte Caldelas. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, considera necesario manter unha reunión co alcalde, Andrés Díaz, para tratar este asunto. Por carta, citouno o vindeiro venres 14 de xullo, ás 13.00 horas, na delegación da Xunta.
López Abella, nesta misiva, móstrase disposta a colaborar con Ponte Caldelas para poder reabrir un centro que ten unha "importancia decisiva" na promoción da igualdade e na prevención contra a violencia de xénero.
O CIM, lembra a secretaria xeral, ofrece unha atención "inestimable" ás súas usuarias desde o punto de vista xurídico, psicolóxico e informativo e supón unha ferramenta "decisiva" na loita contra a violencia machista, especialmente pola súa proximidade ás vítimas.
Por iso, a Xunta reitera que o peche do CIM "foi un erro", privando ás vítimas da violencia de xénero ou a mulleres susceptibles de selo do servizo "fundamental" que prestaban as súas traballadoras.
Igualdade espera que a recente sentenza que obriga a readmitir ás dúas traballadoras despedidas sirva para que Ponte Caldelas "reformule esta decisión" e deixe de ser o "único concello de Galicia" que mantén pechado un centro destas características.
Relacionadas:
-
Mulleres en Igualdade reclama o CIM de Ponte Caldelas como un dereito para as vítimas da violencia machista
Por Redacción |
-
As dúas ex traballadoras do CIM de Ponte Caldelas integraranse nun novo servizo municipal
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas presenta recurso contra a sentenza sobre o persoal do CIM
Por Redacción |
-
A Xunta empraza ao Concello de Ponte Caldelas a que reabra o CIM
Por Oskar Viéitez |
-
Piden a dimisión do alcalde de Ponte Caldelas tras declararse nulo o despedimento das traballadoras do CIM
Por Redacción |