Incendio nunha vivenda abandonada en Busto de Arriba
Por Redacción
Os bombeiros do Morrazo interviñeron esta tarde na extinción dun incendio nunha vivenda deshabitada no centro de Marín.
O 112 recibiu o aviso por parte dun particular de que estaba ardendo unha casa na rúa do Busto de Arriba, ás 17.47 horas.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local, os bombeiros do parque comarcal, con base en Bueu, e voluntarios de Protección Civil para controlar as lapas e impedir que se estendesen ás vivendas próximas.