A Praza dos Barcos contará cunha zona de carga e descarga
Por Redacción
O goberno local de Sanxenxo habilitará unha zona de carga e descarga na Praza dos Barcos, para o que será necesario realizar unha actuación na beirarrúa que rodea a praza.
O Concello solicitou formalmente a Portos de Galicia, titular do emprazamento, a autorización perminente para actuar na zona.
Os traballos consistirán nun replantezamento previo, a demolición da zona do pavimento existente, o retranqueo do bordo de granito á nova liña e por último a pavimentación da zona habilitada para carga e descarga.
As obras serán executadas polas brigadas municipais e contarán cun orzamento aproximado de 1.800 euros. O seu prazo de execución, unha vez obtido o permiso de Portos, será dunha sema.
RENOVACIÓN DE CÁMARAS NO PARKING DO PORTO
Nauta Sanxenxo renovou as cámaras de vixilancia instaladas no parking do porto deportivo. Cun orzamento de 3.000 euros, colocáronse 16 cámaras con iluminación e un gravador dixital co obxectivo de mellorar a seguridade na zona portuaria e, concretamente, no interior de aparcadoiro.