3.311 pontevedresas foron exploradas o pasado ano dentro do programa de cáncer de mama
Por Redacción
O Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama explorou o pasado ano 2016 a un total de 42.331 mulleres de 50 a 69 anos da provincia de Pontevedra.
Desta cifra -que representa unha participación do 82,74 por cento da poboación diana do programa na provincia- 920 mulleres foron posteriormente remitidas a unha unidade de diagnóstico e tratamento para completar probas, que confirmaron en 106 casos un cáncro de mama.
No que atinxe ao Concello de Pontevedra, o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama explorou en 2016 a un total de 3.311 mulleres -cifra que representa un 84,20 por cento de participación da súa poboación diana- e froito desta iniciativa preventiva colaborouse a detectar un total de 7 patoloxías malignas entre mulleres deste municipio.
Sanidade incide na relevancia dun diagnóstico precoz, xa que aumenta ata o 90% as posibilidades de curación, porcentaxe que sobrepasa o 95% cando o diagnóstico se realiza antes de que se faga invasivo.