O Plan Social de Ence apoia os proxectos de 23 entidades para a recuperación e coidado da contorna
Por Redacción
Os actos de entrega das axudas aos proxectos seleccionados na I convocatoria de Plan Social de Ence en Pontevedra continuaron este xoves cunha nova cita na factoría de Lourizán coas iniciativas centradas na recuperación e coidado da contorna.
O acto de entrega, o sexto que se realiza, citou a representantes dos 23 proxectos adxudicatarios desta categoría, que acudiron ás instalacións da fábrica en Lourizán e asinaron o convenio para a adxudicación das axudas, que permitirá a inmediata posta en marcha dos proxectos.
Os proxectos que asinaron este xoves teñen como fin a recuperación e defensa do medio rural, "tan importante e de vital interese para a compañía", que recorda que "loita día a día polo benestar ambiental da súa contorna". A compañía defende que con esta liña de axudas "deixa patente a forte aposta que realiza no coidado ambiental".
Trátase de iniciativas que abarcan un amplo campo de proxectos que traballan desde a recuperación de carreiros verdes, á plantación de castiñeiros micorrizados e proxectos de reciclaxe, todo iso apostando e fomentando a convivencia respectuosa entre home e medioambiente nos concellos de Pontevedra, Poio e Marín.
Nesta liña de axudas presentaron proxectos e recibirán financiamento as entidades Teimas Desenvolvemento, Asociación A.M.I.C.O.S, Asociación de amigos de Riomouro Pequeño, Asociación para o Fomento da Bioloxía da Conservación, Properdis Empresa de Inserción Laboral SLU, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Couto Valo Branco ou Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Borela.
Relacionadas:
-
O Plan Social de Ence activa a aceleradora empresarial Ría de Pontevedra a través de AJE
Por Redacción |
-
Aempe pon en marcha un curso gratuíto de dirección de empresas dentro do Plan Social de Ence
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Ence entrega as axudas a 26 asociacións veciñais na terminal de Ceferino Nogueira
Por Anxo Lourido |
-
Os clubs deportivos tamén reciben axuda do Plan Social de Ence
Por Redacción |
-
Educación e cultura nun novo acto de repartición de axudas do plan social de Ence
Por Redacción |
-
Tokyo 2020, no horizonte dos deportistas beneficiarios do Plan Social de Ence
Por Redacción |
-
34 proxectos para dinamizar a economía local recibirán axudas de Ence por importe dun millón de euros
Por Redacción |
-
Ence comunica aos solicitantes o reparto das súas axudas
Por Oskar Viéitez |