Ferido un veciño de Vilaboa tras sufrir un accidente co seu tractor
Por Redacción
Un veciño de Vilaboa duns corenta anos resultou ferido tras sufrir un accidente co seu tractor.
Segundo informa o 112 o suceso tivo lugar preto das catro desta tarde no lugar das Croas, na parroquia de Figueirido. O accidente produciuse mentres manobraba co vehículo agrícola, quedando atrapado entre o tractor e o chan.
No seu rescate interviñeron a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Vilaboa e dos Bombeiros de Pontevedra.
Aínda que o home puido poñerse en pé só tras ser liberado, trasladóuselle nunha ambulancia do 061 ata un centro hospitalario da capital.