O domingo de Pascua regresan as andainas pola provincia de Pontevedra
Por Redacción
Este domingo 31 de marzo comezan as "andainas" organizadas polo Concello de Pontevedra para coñecer paraxes significativas da provincia. O primeiro que se visitará serán as Salinas de Vilaboa. Nos dez domingos seguintes realizaranse outras dez rutas que se centrarán en Punta Carreirón (Illa de Arousa), Cabo Udra (Bueu), Cotorredondo no Lago Castiñeiras, o litoral do Grove, o litoral de Castrelo (Cambados), o ponte do Ramo (Cuntis), as Xunqueiras de Alba, a Porta do Alén en Monte Seixo (Marín), a Ruta Liberdade na Lama e a Fervenza de Segade (Caldas).
Os interesados en asistir a estas "andainas" poden apuntarse acudindo ás oficinas municipais ou chamando ao teléfono 986.80.43.00 extensión 7584. Só admítense 54 persoas por ruta e ante a boa acollida das edicións anteriores, este ano limitarase a cinco os percorridos nos que poida apuntarse unha mesma persoa. E ademais, un participante só poderá apuntar outra persoa máis.
As saídas efectuaranse ás 9:30 da mañá todos os domingos ata o 9 de xuño na capela de San Roque.