Trinta comercios locais asinan o seu compromiso coa lingua
Por Redacción
O Pazo de Mugartegui escenario habitual de moitas vodas acollerá o martes pola noite, a partir das 21.00 horas, a sinatura pública de trinta comercios locais do seu compromiso coa lingua.
ÿ unha iniciativa incluída dentro do programa Proba en Galego, unha campaña da Concellaría de Normalización Lingüística para dinamizar o uso do galego na pequena empresa e no comercio locais, un labor contínuo deste departamento dende o ano 2006.
Esta campaña procura implicar ás persoas que traballan no comercio pontevedrés na mellora do uso do galego coa clientela e coas empresas provedoras. Ademáis servirá como un espazo de reflexión e traballo para mellorar a calidade da lingua e a seguridade no seu uso no sector.
E por suposto servirá para estimular á clientela falante de galego para que manteña a súa lingua nas relacións comerciais e aquela outra que non fala galego habitualmente a que probe a facelo.
No acto do martes pola noite, as empresas que asinarán o seu compromiso coa língua son Autocares Vda. de Cándido, A Formiga no Carreiro, Bolboretas de Papel, Cafetería Tamanaco, Centro de ensino ENOT, Cervexaría O Gato Cheshire, Cervexería O Grifón, Corner Sports Bar, Dicenfot Fotografía, Disney Pontevedra, Droguería Moderna, Entretementos Play, Ernesto Filgueira, Estouche Ben!, Centro de Terapias, Flanagan, Cocktails & Gin, Joyamar, Juancartepiedra, Libraría Paz, Lourdes Sampedro Lencería, Olbe Téxtil, Peral Moda, Portal 48 Espazo para a Creación, Quercus Armarios e Vestidores, Rei Zentolo, Restaurante O Eirado da Leña, Saraiva, Centro de Día, Ultramarinos O Cisne, Viñoteca Bagos e Cafetería Carabela.