Volven as concentracións de traballadores de Limpisa en protesta pola non readmisión de 3 empregadas
Por Redacción
A finais de febreiro, os representantes dos traballadores de Limpisa chegaban a un acordo coa dirección para que se readmitisen as tres traballadoras despedidas. Dende entón os representantes sindicais agardan unha chamada da empresa pero esta non se produce. Por iso decidiron volver concentrarse ante as portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo.
O acordo consideraba o traslado das traballadoras a outro centro pero, non obstante, non houbo ningunha chamada aos representantes sindicais e a Xunta de Galicia que é a encargada de adxudicar a limpeza a esta empresa. Delmiro Álvarez, delegado sindical de UGT, sinalaba que Limpisa, ademais de non readmitir aínda estas traballadoras, está a incumprir o concurso público xa que "falta maquinaria, vehículos... e estamos a solicitar información sobre esta situación para denunciala".
Relacionadas:
-
Despedimentos, baixas e vacacións sen cubrir deixan "sobrecarga" de traballo a traballadores de Limpisa na Xunta
Por Natalia Puga |
-
Limpisa acepta negociar coas súas traballadoras unha saída ao conflito
Por Diego Espiño |
-
Limpisa despide ás viúvas dos traballadores arroiados polo tren en Valga
Por Anxo Lourido |