Vanessa Rodríguez renuncia a integrar o grupo municipal de SAL
Por Redacción
Vanessa Rodríguez Búa presentou oficialmente a súa renuncia para formar parte do grupo municipal de Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL), adquirindo así a condición de concelleira non adscrita. De feito forma xa parte como tal dos consellos de administración das empresas municipais Insua e Nauta.
No seu escrito, Vanessa Rodríguez Búa lembra que "tras os últimos acontecementos protagonizados polos outros tres compañeiros de partido e que culminaron coa firma dun pacto entre PP e eles, utilizando ilegítimamente o nome de SAL, e a entrega da alcaldía a Telmo Martín, todos eses valores que diciamos defender desde SAL foron pisados".
A pesar de estar convencida de que é "a única lexitimada" para representar as siglas de SAL, a edil prefire "cederlles ese tristemente dubidosa honra, porque non estou disposta a secundar unha batalla que eles decidiron iniciar e que seguramente finalizaría nos Xulgados, cunha sentenza que chegará cando xa acabasen os dous anos de mandato que quedan, cando xa non sirva de nada, e da que absolutamente ninguén sairá gañando".
Relacionadas:
-
Pablo Trelles, novo presidente de SAL
Por Redacción |
-
Sanxenxo Independentes, unha futura opción política para 2019?
Por Redacción |
-
Vanessa Rodríguez sinala a Telmo Martín como a orixe do problema de seguridade na movida nocturna no porto
Por Oskar Viéitez |
-
Vanessa Rodríguez acusa a Telmo Martín de "beneficiar a Comisións Obreiras" polo seu labor de "desgaste e oposición" ao tripartito
Por Redacción |